Exposición "Nicaragua, unha realidade viva"

Data inicio: 28 xullo 10 Data fin: 11 agosto 10

Lugar: Casa do Concello. Camiño Real s/n. Xove - LUGO

Entidade : Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Descrición

Exposición fotográfica do proxecto de cooperación realizado en Nicaragua pola ONGD Solidariedade Galega: "A Formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento", cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

As fotografías son obra de Eduardo J. Castro Rodríguez e mostran ao voluntariado, a cultura do país ou o perigo que corren os mergulladores de Porto Cabezas.

Podes ver algunhas imaxes e obter máis información a través da páxina web do Fondo (ventá nova, en galego)