10/12/07 Como superar con éxito a análise da Fundación Lealtad e incluír a miña entidade na Guía de la Transparencia y las Buenas Prácticas de las ONG? O caso de ASPANAES

Asociación Coruñesa de Atención a Personas con Trastorno Espectro Autista (APANAES) superou con éxito a análise da Fundación Lealtad e dende xullo de 2007 forma parte dunha guía que é un importante referente no Terceiro Sector.

Neste artigo entrevistamos a Maite Tiemblo Marsal, directora xerente de ASPANAES, para coñecer o proceso que seguiron para incorporarse na Guía de la Transparencia y las Buenas Prácticas e a relación que ASPANAES estableceu coa Fundación Lealtad.

Fundación Lealtad é unha organización independente e a súa misión é fomentar a confianza da sociedade en fundacións e asociacións que cumpran fins de acción social, cooperación ao desenvolvemento ou medio.

Pola súa banda, Caixa Galicia é a primeira caixa de aforros que se incorpora ao grupo de Institucións Promotoras da Transparencia que colaboran no financiamento da actividade da Fundación Lealtad.

Le o artigo elaborado por Algalia, servizos para o terceiro sector