Verán de lecer para persoas con discapacidade

Varias entidades organizan propostas para unhas vacacións activas

Data: 27 xullo 2010
Fonte: Propia

As persoas con discapacidade teñen a oportunidade de gozar dun verán moi activo. Estas son algunhas propostas:

Curso de Vela Accesible no Real Club Náutico da Coruña

O Real Club Náutico da Coruña organiza este verán un curso de vela accesible gratuito para persoas con discapacidade. Inclue bautismos de mar, clases individualizadas e cursos específicos.

Máis información: Escola de Vela Accesible / Teléfono 981 203 265 /  Enderezo de correo electrónico: velaadaptada@rcncoruna.comDíptico 

Campamentos de verán de COGAMI

A Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) organiza  un programa de lecer e tempo libre destinado a persoas con discapacidade entre 25 e 60 anos de Galicia.

Será no complexo residencial Rialta, na Coruña. Haberá dúas quendas, unha do 15 ao 21 de agosto e a segunda, do 22 ao 28 do mesmo mes.

Máis información: COGAMI /  Teléfono: 981 57 46 98 / 

Proxecto "lecer para todos" en Baiona, Nigrán e Gondomar (Pontevedra)

O Centro Juan María da Asociación La Esperanza del Valle Miñor e os Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar ofrecen un servizo de lecer para persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de down, etc.) que viven ou veranean no Val Miñor. Será durante a primeira quincena de agosto. Hai 15 prazas cada semana (do 2 ao 6 de agosto e do 9 ao 13 de agosto). O prazo de inscrición remata o 15 de xullo de 2010.

Máis información: Enderezo de correo electrónico: administracion@centrojuanmaria.org

Campamento ASPAYM 2010

Do 17 ao 30 de xullo, ASPAYM organiza o seu campamento con obradoiros, deportes, xogos, excursións, piscina… en “El bosque de los sueños” situado na localidade de Cubillos del Sil (León). O campamento diríxese a nenos de 6 a 16 anos. A inscrición remata o 30 de xuño.

Máis información: ASPAYM / Teléfono 925 255 379 /

Campamentos de verán da Fundación Deporte e Desafío

A Fundación Deporte e Desafío ten como obxectivo a integración social de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial a través do deporte.

Para este verán organizan, como actividade de sendeirismo, a realización do camiño de Santiago do 15 ao 23 de xullo saíndo do Cebreiro. Tamén organizan campamentos de verán multiaventura e un amplo programa de actividades deportivas: vela, esquí náutico, mergullo, golf, ciclismo, hípica...

Máis información: Fundación Deporte e Desafío / Tfno.: 91 659 36 00 / Correo electrónico: info@deporteydesafio.comCalendario de actividades 2010 /

Fundación También

Fundación También organiza actividades adaptadas, en diferentes localidades de España, non enfocadas unicamente a persoas con discapacidade. Nelas tamén poden participar os seus amigos e familiares. Para o verán organizan sendeirismo, cursos de pádel, piragüismo, vela, ciclismo adaptado... e moitas máis.

Máis información: Fundación También / Tfno.: 91 384 50 09 / Correo electrónico: info@tambien.orgCalendario de actividades 2010 

Programa de verán "Esfuerza" na Coruña. Fundación Jove

A Fundación María José Jove abriu, o martes 18 de maio, a inscrición do seu programa “Esfuerza” de verán, que ofrece 212 prazas para que persoas con discapacidade poidan participar en cursos de vela e piragüismo adaptado de xuño a setembro de 2010. As actividades desenvolveranse nas instalacións deportivas de Marina Coruña, no Dique de Abrigo da Coruña.

O programa “Esfuerza” tamén inclúe actividade de asistencia ou axuda, para que este colectivo poida gozar do lecer cotián de ir á praia, tomar o sol ou bañarse no mar. A asistencia ofertarase en xullo e agosto, dous días por semana, de luns a xoves, e consistirá en facilitar a través de ramplas, antucas e cadeiras anfibias o acceso á area e ao mar.

Máis informaciónFundación María José Jove / Teléfono: 981 160 265 /  nota de prensa

Campamento de Verán en Málaga. Fundación Ande

Fundación Ande organiza para xullo e agosto un campamento de Verán en Málaga, na tranquila Urbanización “Guadalmar” a 500 metros da praia.

Os participantes deben contar cunha autonomía media ou media alta, aínda que tamén dispoñen de prazas específicas para usuarios gravemente afectados. As idades van dende os 16 anos ata a terceira idade, sendo a media duns 25 a 35 anos.

As saídas a Málaga realízanse dende Madrid. Se vives noutro punto, podes consultar á fundación.

Máis información: Fundación Ande / Teléfono: 91 560 96 76 / valvarez.oficinas@fundacionande.org 

Programa de vacacións. COCEMFE

As persoas con discapacidade física xa poden solicitar unha praza nun dos seus programas de vacacións, planificados entre xuño e decembro de 2010, en diferentes destinos: praias, illas, termalismo, Europa ou turismo interior.

Poden solicitalo aquelas persoas que teñan un grao de discapacidade maior ou igual ao 33%. Terán prioridade os que superen o 50% e os maiores de 16 anos. As persoas que utilicen cadeira de rodas ou necesiten axuda para as actividades cotiás poderán levar acompañante.

O prazo de presentación para cada un dos programas terminará dous meses antes da data de saída de cada un deles.

Máis informaciónWeb de COCEMFE / vacaciones@cocemfe.es / Teléfono: 914138001.

Programa de turismo e termalismo para todos. Predif

Praga, Londres, París, un cruceiro polo Adriático...son algunhas das propostas do verán 2010 que organiza Predif para persoas con discapacidade no marco do seu Programa de turismo e termalismo para todos.

Máis información: web de Predif

Campamentos de verán para persoas con discapacidade. Xunta de Galicia

Ata o 20 de maio podes presentar a solicitude para participar nos campamentos de verán 2010 que organiza a Xunta de Galicia a través do seu programa de lecer e tempo libre para nenos/as e mozos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Máis información: Web da Xunta de Galicia

Programa “Verán de lecer”. Concello de Vigo

Ata o 31 de maio de 2010 está aberto o prazo do programa “Verán de lecer” que promoven o Concello de Vigo e Pasovigo. Nos meses de xullo e agosto ofrecen un servizo de lecer e respiro familiar dirixido a persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de Down, etc.) empadroadas neste concello.

Máis información: Web do Concello de Vigo

Outras ligazóns de interese

Turismo accesible: http://www.turismoaccesible.org 

Viaja sin Barreras : http://www.viajasinbarreras.com

Polibea. Turismo sen barreiras.http://www.polibeaturismo.com/

Tecnum: Viaxes accesibles para persoas con discapacidade: http://www.tecnum.net/turismo.html

GUÍAS

Guía de praias accesibles 2010 (Discapnet) 

Guía de monumentos, museos e puntos de interese turístico accesibles (PREDIF) 

Guía de  turismo e lecer accesible.  Xuño 2009. (barreira-cero)

Guía de hoteis accesibles