Guía "Ecofiestas en el Hogar"
Estás a pensar en organizar unha festa na túa casa? Aplica algunha destas ideas e respectarás o medio ambiente
Data:
27 xullo 2010
Fonte: Centro de Recursos Ambientais de Navarra
Como organizar e gozar das nosas festas no fogar de forma sostible? A guía “Ecofiestas en el Hogar”, editada polo Centro de recursos ambientais de Navarra, recompila consellos para organizar unha celebración no teu fogar tendo en conta criterios de respecto ambiental tales como a aplicación do principio das tres R: reducir, reutilizar, reciclar.
Cando ao longo do ano celebramos aniversarios, Nadal, reunións con amigos ou outras festas o consumo increméntase e acelérase. A miúdo descoñecemos o impacto ambiental e social dos produtos que consumimos, así como as consecuencias que levan certos comportamentos cotiáns.
A guía “Ecofiestas en el Hogar” está dividida en tres fases: o antes, durante e despois da celebración. En cada fase poderás atopar propostas para levar a bo porto este reto, boas razóns para aplicalas e ideas que foron xa aplicadas por outros fogares.
Nesta publicación podedes atopar consellos básicos tales como introducir alimentos ecolóxicos, artesáns ou de comercio xusto, como organizar o transporte dos invitados ao evento ou como diminuír o consumo enerxético durante el.
Descarga a "Guía Ecofiestas en el Hogar" (PDF 1,28)
Noticias
-
Ofertas de emprego en ONG
09 setembro 2010
-
Presenta as túas boas prácticas no Congreso Estatal do Voluntariado
09 setembro 2010
-
Presentado o Rexistro de Cooperantes galegos/as no exterior
09 setembro 2010
Tua ONL conta
Inscribe a túa ONL e envíanos información: novas, actos, demandas de voluntariado, cursos... Publicarémolos!
Máis información