- Xestión de ONLs
Doa o teu equipo informático a países do Terceiro Mundo
Ata finais de ano podes achegalo a calquera punto de MRW
Data: 04 maio 2009
A ONGD Banc de Recursos e a empresa de Transporte Urxente MRW asinaron un convenio de colaboración para recoller equipos informáticos para o Terceiro Mundo, no marco dunha campaña de eido nacional denominada “Informática Solidaria”.
O obxectivo da campaña, que dura ata finais de decembro de 2009, é conseguir o máximo número de ordenadores para envialos posteriormente a diversos países do Sur (Terceiro Mundo), onde Banc de Recursos xa leva a cabo diferentes proxectos de alfabetización informática.
Como podes colaborar?
MRW ofrece todas as súas franquías a nivel nacional como puntos de recepción dos equipos (completos ou parciais). Posteriormente, centralizará todo o material nun único punto para que a ONGD poida revisalo e cargalo nos colectores.
Os equipos informáticos deben estar en boas condicións de uso e cumprir unha serie de características técnicas (procesador Pentium IV ou similar, 256 Mb RAM ou superior, HD 20 Gb ou superior e lector de CDs incorporado).
As entidades ou particulares que queiran doar equipos e queiran saber cal é a franquía MRW máis próxima onde depositar o material, poidan chamar a MRW (902 300 400), consultar a web www.mrw.es ou contactar con Banc de Recursos (932 177 154).
Banc de Recursos editou un tríptico e un blogue www.informaticasolidaria.org, onde publicará información actualizada sobre os avances desta iniciativa.
Noticias
-
29 xullo 2010
-
Se queres participar na exposición da vindeira Feira Galega do Voluntariado fai agora a túa solicitude
28 xullo 2010
-
Verán de lecer para persoas con discapacidade
27 xullo 2010
Tua ONL conta
Inscribe a túa ONL e envíanos información: novas, actos, demandas de voluntariado, cursos... Publicarémolos!
Máis información