Se queres participar na exposición da vindeira Feira Galega do Voluntariado fai agora a túa solicitude

Realizarase en Santiago de Compostela entre o 21 e o 24 de outubro

Data: 28 xullo 2010
Fonte: Consello da Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está a organizar unha nova edición da Feira Galega do Voluntariado, que se realizará entre o 21 e o 24 de outubro no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela.

A feira contempla dúas áreas diferenciadas:

  • zona expositiva, na que se situarán as casetas dos participantes
  • zona de actividades: música, danza, obradoiros...

Tamén se está preparando un programa paralelo de conferencias que se realizarán na Escola Galega de Administración Pública.

A participación é gratuíta pero as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse antes do 30 de setembro.

Máis información a través do teléfono solidario 900 400 800.

Formulario de solicitude de caseta expositiva (ventá nova)