Guía para a elaboración dun Plan de Calidade

Portada da guía para a elaboración dun plan de calidade Autor:  Plataforma de ONG de Acción Social
Data de publicación: 21 xullo 2010

Descrición: 

A Plataforma de ONG de Acción Social publicou a “Guía para a elaboración dun Plan de Calidade”, xunto ao “Caso práctico para a elaboración  dun Plan de Calidade: Rede Impulso”.

Estes manuais son a síntese da experiencia práctica desenvolvida tras o acompañamento a 30 organizacións de acción social na elaboración dos seus plans de calidade.

Pretenden facilitar o camiño ás organizacións da sociedade civil e á ONG de acción social cando decidan iniciar o seu achegamento aos sistemas de xestión de calidade, especialmente nas primeiras fases de análises, diagnóstico e planificación da calidade.

Os dous documentos completos pódense descargar, en formato pdf, desde a páxina web da Plataforma de ONG de Acción Social (ventá nova)