Informe da CONGDE "Así nos ven. ¿Qué sabemos y cómo valoramos a las ONGD?"
Autor: CONGDE
Data de publicación: 21 xullo 2010
Dercarga o informe "Así nos ven. ¿Qué sabemos y cómo valoramos a las ONGD?" (PDF 5,45 MB)
Descrición:
O informe "Así nos ven. ¿Qué sabemos y cómo valoramos a las ONGD?", da Coordinadora de ONG para el Desarrollo España en colaboración con Obra Social La Caixa", analiza o coñecemento e a valoración que a sociedade española ten sobre a ONG para o Desenvolvemento.
Segundo os datos deste informe, a ONG son as institucións mellor valoradas pola sociedade -por riba de partidos políticos, sindicatos e medios de comunicación.
O 80% da poboación española é favorable a manter o traballo das ONGD precisamente agora que o impacto da crise está a afectar de maneira moito máis crúa as poboacións máis vulnerables dos países empobrecidos. Unha posición que contrasta coa decisión, recentemente anunciada, de reducir os fondos destinados á Axuda Oficial ao Desenvolvemento.
O compromiso social co traballo das ONGD vén avalado por preto de dous millóns de persoas e entidades que colaboran economicamente, xunto a unhas 20.000 que son voluntarias e 5.000 que traballan na ONG para o Desenvolvemento. Un panorama que vén manténdose ao longo dos últimos anos.
Contidos
- Coñecemento xeral sobre as ONGD
- Coñecemento específico sobre o modo de actuación das ONGD
- ONGD, institucións mellor valoradas pola sociedade española