II Plan de Cooperación Galega 2010-2013

Autor:  Xunta de Galicia
Data de publicación: 27 xullo 2010
II Plan de Cooperación Galega 201-2013 - Descarga PDF (737 KB)

Descrición: 

O II Plan director da cooperación galega 2010-2013 aposta por unha maior eficacia e calidade da política de cooperación galega para os próximos catro anos.

En canto ás prioridades xeográficas, o novo Plan director establece como países prioritarios: O Perú, Ecuador e Bolivia, en América do Sur; Haití e República Dominicana, no Caribe; Honduras, O Salvador, Nicaragua e Guatemala, en Centroamérica; Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique, xunto á poboación saharaui, en África.

O documento potencia as convocatorias públicas de axudas como a principal forma de canalizar os fondos destinados á cooperación.

Tamén propón a cooperación en sectores nos que a comunidade galega poida ofrecer unha experiencia e coñecementos específicos, como a pesca ou a acuicultura, así como a colaboración con países de fala lusófona ou aqueles latinoamericanos onde hai cultura de cooperación dos nosos axentes.

Máis información na web de Cooperación Galega