Os retos da cooperación galega

Portada retos da cooperación galega Autor:  IESE, Instituto de Estudos Sociais e Internacionais
Data de publicación: 22 xullo 2010

Descrición: 

Os retos da cooperación galega” é o “Cadernos do IESI nº 1”, unha publicación electrónica que semestralmente abordará diferentes aspectos relacionados coa Solidariedade Galega e que centrará os seus contidos, prioritariamente, na Intervención Social e na Cooperación Internacional.

Este primeiro número monográfico aborda os retos da Cooperación ao Desenvolvemento para os vindeiros anos en Galicia.

Diferentes autores describen tanto as perspectivas das Administracións Públicas como das ONGD e analizan os últimos anos da Cooperación Galega e os recursos humanos cos que se conta. Tamén se analiza a Acción Humanitaria en Galicia e a importancia da perspectiva de xénero no desenvolvemento.

Cadernos do IESI” é unha publicación periódica de libre distribución que se pode descargar desde a páxina web do IESI en formato pdf (ventá nova, en galego)