Manual de voluntariado en comercio xusto

Autor:  Grupo Azacán Serso Castilla y León
Data de publicación: 16 outubro 2009
Descarga pdf

Descrición: 

Resulta conveniente que o voluntariado que colabora en actividades de comercio xusto adquira uns coñecementos básicos previos ao inicio da súa colaboración na tenda de venda de produtos e noutras tarefas de sensibilización.

Con dita finalidade, o Grupo Azacán Serso Castela e León crearon o Manual de voluntariado en comercio xusto, unha sinxela guía que informa sobre que é o comercio xusto e a súa historia, os seus criterios e axentes sociais, as súas importadoras e organizacións internacionais, os seus produtos así como as fortalezas e debilidades que presenta e retos de futuro.

Ademais, a guía ofrece respostas a preguntas como:

  • Como sabes que o produto que consumes é de comercio xusto?
  • Por que os prezos dos produtos de comercio xusto son máis caros que no comercio tradicional?
  • O diñeiro que pagamos, chega na súa totalidade ao produtor?
  • Como podo asegurarme de que os fondos chegan ao seu destino?