Subvencións para accións de apoio e acompañamento á formación
Entidade:
Ministerio de Trabajo e InmigraciónPublicación:
BOE 24/07/2010Prazo:
1 mes a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».
Descrición
O Ministerio de Traballo abre a convocatoria de subvencións para financiar accións de investigación e innovación e accións de información e orientación no marco do subsistema de formación profesional para o emprego.
Accións financiables
- 1. Promoción e difusión da formación profesional para o emprego
- 2. Experimentación de servizos integrados de orientación en formación profesional para o emprego
- 3. Accións de innovación en procesos, produtos e ferramentas de formación
- 4 Creación de foros para a reflexión, análise, intercambio de experiencias e elaboración de propostas sobre formación, cualificación e desenvolvemento empresarial, no marco do novo modelo de formación profesional para o emprego
- 5. Estudos de carácter transversal e multisectorial
- 6. Proxecto experimental multisectorial de aprendizaxe personalizada no traballo.
Poden solicitar estas axudas:.
Entidades ou organizacións (ONG) e empresas, excluídas as Administracións públicas, que se atopen inscritas na Seguridade Social, que inclúan entre as súas fins o desenvolvemento de actividades relacionadas coa formación profesional para o emprego.
BASES da convocatoria de subvencións do Ministerio de Traballo para accións de apoio e acompañamento á formación