|
Objeto:
|
Subvencións destinadas ao fomento da organización e realización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, en especial as de investigación, difusión e de homenaxe ás vítimas da represión despois do 1936, levadas a cabo por asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro, que sexan solicitadas á Consellería de Cultura e Deporte conforme o procedemento que a continuación se establece.
|
|
Beneficiario:
|
Poderán optar a estas subvencións as fundacións e asociacións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia, así como as que realicen as súas actividades culturais, de interese xeral, en Galicia. En concreto, as fundacións deberán acreditar estar inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, segundo a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, ou no Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal, segundo a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións
|