|
Objeto:
|
Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega; gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.
|
|
Beneficiario:
|
Poderán optar a estas subvencións as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes e con domicilio social en Galicia, que teñan un ámbito territorial de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia. En concreto, as fundacións deberán estar inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, segundo a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
|