quiénes somos
asesoria
voluntariado
financiación
actualidad
información práctica
formación
 
inscríbete
contacta
foros
crea la web
de tu ONL
mapa web
buscador

Maio solidario

Actividad: Otras
Tema: Otros
Entidad: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Información:

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Corcubión, en colaboración coa Asociación "Universidade Popular Escola de Verao de Corcubión", organizan, no marco do ciclo "conversas con", a primeira edición do Maio Solidario.

- Os días 9, 16, 22 e 23, na Casa da Cultura, ás 20.30 h., ciclo de conferencias que comezará o 9 coa charla “Sáhara, memoria do conflito” na que o relator invitado é Esteban Varela, subdelegado da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. O 16 o xornalista e escritor camerunés, Víctor Omgbá, falará sobre “África, perspectiva do continente e inmigración africana en Galiza”. A experta en lexislación social, Teresa Franco, analizará “A lei de inmigración” o xoves 22 e ao día seguinte, o oftalmólogo palestino residente en Galicia, Mohamed Sala, pechará o ciclo coa conferencia “Palestina ou a crónica dunha traxedia”.

- Os días 8, 15 e 22 proxección de documentais, na Casa da Cultura ás 20:30 h.: “Cabo Verde, sabí”, “Bs.As” e “Vilaboa, mirando á Meca/Mundo bazar”.

- Ata o 15 de maio, tamén na Casa da Cultura, exposición “Os obxectivos do milenio”.

- Do 24 ao 30 o edificio do Cárcere Vello acollerá unha mostra de comercio xusto na que colaborarán ás ONGD Equus Zebra e Panxea que se pechará coa actuación dos grupos ALÔDJANGÔ (gipsy jazz) e DEM (fusión multiétnica) nunha festa solidaria.

Fecha de inicio: 02.05.2008
Fecha de fin: 30.05.2008
Horario:
Lugar:
Dirección:
Localidad:

Corcubión

Provincia: A Coruña
Contacto:
Teléfono:
E-mail:
Página web:
Más información: programa_maio_solidario.jpg 246.39 kB




Entra en socialia.org
Usuario:
Contraseña:
¿Contraseña olvidada?
Con tu opinión podemos mejorar socialia.org. Envíanos un mensaje a socialia@caixagalicia.es


Resolución óptima: 1024x768 - Identificación
copyright ©2003 Obra Social CaixaGalicia. Todos los derechos reservados