|
Objeto:
|
As subvencións irán dirixidas a incrementar os usos do galego no ámbito da familia, da infancia e da mocidade, e no tempo de lecer, co obxectivo de desenvolver as medidas que se recollen no Plan xeral de normalización da lingua galega estritamente circunscritas a estes ámbitos de actuación, de acordo cos seguintes obxectivos: -Reforzar e incrementar a transmisión xeracional do galego. -Ampliar a presenza da lingua galega nas actividades de lecer, sobre todo aquelas que signifiquen un reforzo do seu uso (teatro, obradoiros de lectura e de escrita, etc.) -Vincular a utilización da lingua galega con ámbitos de prestixio e modernidade. -Fomentar o uso do galego nas tecnoloxías da información e da comunicación, dirixidas aos ámbitos da familia, da infancia e da mocidade, e do lecer. -Apoiar aquelas actividades con incidencia na potenciación dos usos do galego no ámbito económico e socio-laboral, enfocadas á transmisión xeracional da lingua galega, á infancia e á mocidade, e ao tempo de lecer. -Traballar as actitudes positivas cara á lingua galega que combatan os prexuízos e fomenten a autoestima e a lealdade lingüística. -Desenvolver actividades regulares en lingua galega que fuxan da ritualización e da vinculación a aspectos folclóricos e reducionistas, co obxectivo de a converter na lingua habitual de comunicación tanto formal como informal.
|